A
campaña de recollida de doazóns de sangue en unidades móbiles que
leva a cabo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en
empresas e organismos públicos chega este luns, 15 de xuño, ata o
edificio da delegación da Xunta de Galicia en Vigo. Todos os
traballadores e traballadoras están convidados a doar na unidade
móbil estacionada na porta principal das 09:30 ás 14:30 horas.
ADOS
comezou a visitar o edificio da Xunta de Galicia no ano 2002 e, desde
entón, teñense recollido un total de 1.225 doazóns de sangue.