A UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

A campaña de recollida de doazóns de sangue que realiza a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chega o mércores 10 de xuño ata a Consellería de Medio Ambiente. Esta é a sétima visita da unidade móbil da ADOS que estará estacionada no aparcadoiro da Consellería de Medio Ambiente das 09:30 ás 14:30 horas. Nas visitas precedentes, acadaronse 112 doazóns de sangue e desde a Axencia convidase a todos os traballadores e traballadoras da Consellería a que participen activamente e doen sangue.

Comparte vida, únete a nós.