A
Axencia
de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) voltará a ter presenza nunha
nova edición da Feira da Ciencia que se desenvolve no Burgo
(Culleredo). A Feira, que acada a súa oitava edición, celebrarase
no explanada do Paseo Marítimo do Burgo o sábado 6 de xuño entre
as 12:00 e ás 19:00 horas.
A
ADOS desprazará unha unidade móbil de doazón que atenderá a todas
as persoas que desexen participar entre as 10:00 e as 15:00 horas e,
ademais, en colaboración coa Irmandade de Doantes de Sangue da
Coruña, instalarase unha carpa na que os máis pequenos e pequenas
poderán realizar distintas actividades vencelladas co fomento da
doazón de sangue como elaboración de chapas ou debuxos.