As
instalacións de Coren Ourense acollerán os días 2, 3 e 4 de xuño
a visita das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue (ADOS), que desenvolverán unha campaña de doazón destinada a
favorecer a participación dos traballadores e traballadoras. Nas
xornadas do martes 2 e mércores 3 de xuño, a unidade móbil da
Axencia visitará Coren CPA, estacionando dentro do recinto da
empresa das 09:30 ás 14:30 horas e, en idéntico horario, atenderá
a todas as persoas que desexen doar o xoves 4 de xuño en Coren San
Cibrao.
Coren
Ourense conta cunha longa traxectoria de colaboración e compromiso
no desenvolvemento das iniciativas destinadas a fomentar a doazón,
converténdose nunha empresa referente en Galicia pola súa
solidariedade. Comezou a acoller campañas de doazón de sangue no
ano 1996 e, na actualidade, acumula un total de 3.287 doazóns de
sangue. A ADOS quere agradecer á dirección de Coren Ourense a súa
implicación e as facilidades brindadas para o desenvolvemento das
campañas de doazón, agradecemento que fai extensivo a todos os
traballadores e traballadoras que doan sangue.