Unha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
achegarase este luns 25 de maio ata as inmediacións de Alcampo Coia,
na viguesa Avenida Castelao. Das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás
21:00 horas será posible doar na unidade móbil que visitará a
superficie comercial para facilitar a participación de
traballadores, traballadoras, usuarios e usuarias. ADOS quere
agradecer á xerencia de Alcampo Coia as facilidades brindadas para o
desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que se levan
desenvolvendo ininterrompidamente desde o ano 1995, acumulando 2.767
doazóns de sangue ao longo de estas máis de tres décadas.