Un
grupo de estudantes do CIFP Politécnico de Lugo acudiron hoxe, xoves
21 de maio, a visitar as instalacións da Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue (ADOS) en Santiago de Compostela.
Os
estudantes puideron achegarse ata a actividade diaria que se
desenvolve na Axencia e coñecer a importancia do solidario xesto da
doazón de sangue.