REPSOL CORUÑA ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

A campaña de doazón de sangue promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) achégase hoxe, mércores 20 de maio, ata as instalacións de Repsol na Coruña. Como é xa habitual, a unidade móbil da Axencia estará estacionada na explanada do almacén das 09:30 ás 14:30 horas para atender a todas as persoas que desexan participar.

Repsol Coruña conta cunha longa traxectoria de colaboración coas campañas desenvolvidas pola Axencia e as unidades móbiles teñen visitado anualmente, desde 2012, as instalacións da empresa, acadando 855 doazóns de sangue. ADOS quere convidar a todos os traballadores e traballadoras a continuar colaborando coas campañas de doazón de sangue e agradecer á dirección de Repsol Coruña a súa constante implicación a prol de iniciativas destinadas a fomentar este xesto solidario.



Comparte vida, únete a nós.