A
comunidade educativa do CIP Arquitecto Palacios e o CEE de Panxón
están a promover unha campaña especial de doazón que terá lugar
mañá, mércores 20 de maio. Unha unidade móbil da Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada dentro do
recinto dos centros educativos das 10:00 ás 14:30 e das 16:00 ás
21:00 horas. Nas xornadas previas a esta campaña de doazón o
alumnado traballou sobre os distintos xeitos de doazón e recibiron
charlas informativas sobre doazón de sangue e de órganos.
O
obxectivo da campaña é fomentar este acto solidario pero,
especialmente, crear unha conciencia solidaria favorable á doazón
entre os estudantes galegos.