Os
traballadores e traballadoras de Froiz Lourido en Poio terán o
martes 19 de maio unha nova oportunidade para colaborar nas campañas
de recollida de doazóns de sangue promovidas pola Axencia de Doazón
de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil da Axencia estará
dentro do recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 horas para acadar a
solidariedade dos profesionais desta empresa pontevedresa.
A
Axencia comezou a visitar Froiz Lourido no ano 2001, acadando, desde
entón, un acumulado de 799 doazóns de sangue. ADOS quere agradecer,
tanto á dirección de Froiz Lourido como aos seus traballadores e
traballadoras, a súa solidariedade e a súa colaboración nas
campañas de doazón de sangue.