O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN PONTEVEDRA CONVIDA AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO A DOAR SANGUE

Os traballadores e traballadoras do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra están convidados a participar na campaña de doazón de sangue que terá lugar o mércores 13 de maio. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada ao carón do Edificio Administrativo da Xunta en horario das 09:30 ás 14:30 horas para facilitar a doazón de todas as persoas que desexen participar.

No transcurso desta visita, o delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Antonio Reguera Ocampo,  acudiu ata a unidade móbil para saudar aos doantes e convidar a todos os traballadores e traballadoras para que acudisen a participar. O delegado da Xunta estivo acompañado polo responsable da sección de Doazón e Xestion de Colectas, Jose María Vázquez Estepa, e ambos coincidiron en salientar a importancia central do labor dos doantes de sangue no sostemento da intensa actividade asistencial do noso sistema público de saúde.


A ADOS ten desenvolvido 13 visitas coa unidade móbil ata este punto de referencia na cidade de Pontevedra desde o ano 2012, acadando 307 doazóns de sangue no transcurso destas visitas.



Comparte vida, únete a nós.