UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA BORGWARNER EMISSIONS SYSTEMS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará hoxe, xoves 7 de maio, unha unidade móbil ata a empresa Borgwarner Emissions Systems de Vigo, co obxectivo de promover a participación dos traballadores e traballadoras. A unidade móbil estará estacionada dentro do recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.


A ADOS comezou a desenvolver campañas de doazón de sangue nesta empresa viguesa no ano 2015, realizando doce visitas nas que se acadaron un total de 575 doazóns de sangue.


Desde a ADOS, convidase a todos os traballadores e traballadoras a doar sangue ao longo da presente xornada e agradece á dirección de Borgwarner Emissions Systems a súa implicación e apoio ás campañas de recollida de doazóns de sangue.


Comparte vida, únete a nós.