UNHA UNIDADE MÓBIL ACHEGA A DOAZÓN DE SANGUE ATA A DEPUTACIÓN, CORREOS E PORTO DA CORUÑA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) achegarase mañá, martes 5 de maio, ata as inmediacións da Deputación, Correos e Porto da Coruña para fomentar a participación de todos os traballadores e traballadoras. Unha unidade móbil estacionada na explanada de Palexco atenderá a todas as persoas que desexen participar das 09:30 ás 14:30 horas.


Desde o ano 1994, as unidades móbiles da Axencia teñen realizado campañas de doazón de sangue na Deputación, Correos e Porto da Coruña, acadando un total de 327 doazóns no transcurso das mesmas.


Comparte vida, únete a nós.