OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE MOTHERSON PODERÁN DOAR SANGUE HOXE

A empresa Motherson acollerá hoxe luns 27 de abril unha campaña de doazón desenvolvida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil da Axencia estará estacionada dentro do recinto da empresa das 10:00 ás 14:00 horas. Motherson ten acollido oito visitas das unidades móbiles da Axencia desde o ano 2021 acadando nestes anos un total de 245 doazóns de sangue.

A Axencia quere agradecer á dirección de Motherson as facilidades brindadas no desenvolvemento das visitas das unidades móbiles e favorecer a activa participación dos seus traballadores e traballadoras nas campañas de doazón




Comparte vida, únete a nós.