Un
grupo de estudantes do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto (A Coruña)
acudiron hoxe, martes 21 de abril, a visitar as instalacións da
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en Santiago de
Compostela.
Os
estudantes puideron aproximarse á actividade diaria que
se desenvolve na Axencia e coñecer a importancia do solidario xesto
da doazón de sangue.