A
campaña de doazón de sangue promovida pola Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”,
achegarase este martes 21 de abril ata o coruñés campus de Elviña.
Unha unidade móbil da Axencia estará estacionada diante da
entrada principal da Facultade de Economía e Empresa das 09:30 ás
14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas para atender a todos os estudantes
que desexan colaborar. Ademais, na entrada da facultade instalarase
unha marquesiña de bus con paneis informativos sobre a doazón de
sangue e animando a participar.