A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da
presente xornada nas instalacións da empresa Naturgy da Coruña para
incentivar a participación nas campañas de doazón de sangue de
todos os profesionais que desexen colaborar.
As
persoas que desexen participar activamente poderán acudir á unidade
móbil da ADOS que estará estacionada diante dos servizos médicos
das 09:30 ás 14:30 horas.
A
Axencia quere agradecer a todos os traballadores e traballadoras a
súa participación e convidarlles a que continúen a incrementar as
1.038 doazóns que se teñen rexistrado no transcurso das 39 visitas
realizadas pola ADOS ata Naturgy Coruña desde o ano 1994.