UNHA UNIDADE MÓBIL DA ADOS VISITA POR VEZ PRIMEIRA O POLÍGONO INDUSTRIAL DE ORDES

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitará o mércores 15 de abril o Polígono Industrial de Ordes para facilitar o acceso á doazón a todos os traballadores e traballadoras. Esta é a primeira vez que unha unidade móbil se achega ata as inmediacións do Polígono de Ordes e a ADOS quere convidar a todos os profesionais a que participen na campaña de doazón que terá lugar na unidade móbil que estará estacionada diante de Ramón García das 10:00 ás 14:00 horas.

Comparte vida, únete a nós.