A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue colaborará coa Asociación
Deportiva Cerne na campaña de doazón de sangue que hoxe terá lugar
no concello de Melide. Unha unidade móbil da Axencia estará este
luns 13 de abril estacionada no parque Rosalía de Castro diante do
Centro Multiusos e da Biblioteca Municipal, das 16:15 ás 21:00 horas
para atender a todos os veciños e veciñas de Melide que desexan
doar sangue.
Pola
súa banda, a Asociación Deportiva Cerne de Melide distribuíu, nas
xornadas previas ao desprazamento da unidade móbil, información
relacionada co solidario xesto da doazón entre os seus asociados e,
deste xeito, promover a súa activa participación no transcurso
desta campaña de doazón de sangue.
ADOS
quere animar a toda a veciñanza de Melide a doar sangue e agradece a
colaboración brindada pola Asociación Deportiva Cerne no
desenvolvemento de campañas destinadas a concienciar á cidadanía
da importancia deste xesto solidario.