A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ESTARÁ NA FEIRA DA SAÚDE DE NEGREIRA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) terá presenza este sábado 11 de abril na Feira da Saúde de Negreira. A ADOS disporá unha mesa informativa sobre os distintos xeitos de doazón (sangue, órganos, medula ósea...) para concienciar aos veciños e veciñas de Negreira da importancia deste xesto solidario. Ademais, todas as persoas que desexen doar sangue poderán facelo na unidade móbil da Axencia que estará estacionada diante do centro de saúde das 10:00 ás 15:00 horas.

Comparte vida, únete a nós.