O CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA DE VIGO ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE OS DÍAS 10 E 11 DE ABRIL

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo colabora coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue. O Centro Comercial Gran Vía agasallará cunha entrada de cine a todas as persoas que doen sangue na unidade móbil que estará estacionada diante da porta principal do centro comercial en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas do venres 10 de abril e das 10:00 ás 15:00 horas do sábado 11 de abril.

A Axencia quere agradecer ao Centro Comercial Gran Vía a súa colaboración nas campañas de doazón de sangue e que, desde a primeira visita no ano 2008, acumula xa 612 doazóns sangue.


Comparte vida, únete a nós.