Unha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
desprazarase hoxe, luns 23 de marzo, ata o compostelán Polígono do
Tambre para atender a todas as persoas que desexen participar na
campaña de recollida de doazóns de sangue. O horario de atención
aos doantes será das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas e a
unidade móbil estará estacionada diante da Asociación de
Empresarios do Tambre.
A
Axencia quere agradecer a colaboración brindada pola Asociación de
Empresarios do Tambre na organización das campañas desenvolvidas no
polígono compostelán e que, desde o ano 1994, teñen recollido un
total de 3.513 doazóns de sangue.