Profesionais
da
Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue estarán
o
luns
16 de marzo
na Facultade
de Ciencias
da Universidade da
Coruña
atendendo
unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea. Estudantes e
docentes poderán achegarse para coñecer e resolver
dúbidas sobre a doazón de medula ósea para o que a Axencia é
centro de referencia para a tipaxe destes doantes.
Esta
iniciativa forma parte dun amplo programa informativo que a ADOS
desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros
educativos de toda Galicia.
Así
mesmo, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada na parada de
bus diante da Facultade de Ciencias os días 16 e 17 de marzo en
horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas para recoller
a solidariedade de todos os estudantes universitarios que desexen
doar sangue.