A
Academia Galega de Seguridade
Pública (AGASAP) acollerá hoxe,
venres 13 de marzo, unha
nova visita das unidades móbiles da Axencia
de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). A
unidade móbil estará estacionada diante do edificio principal das
10:00 ás 14:30
horas para atender a todas as persoas que
desexen doar.
A
AGASAP acolleu en quince ocasións, desde o ano 2002, as visitas das
unidades móbiles obtendo, no transcurso destas campañas, un total
de 364 doazóns de sangue.
ADOS
quere mostrar o seu recoñecemento á dirección
de AGASAP
pola
súa colaboración e apoio no labor de recollida de doazóns de
sangue, agradecemento que fai extensivo a todas as persoas que participan nesta iniciativa solidaria.