A
Axencia
de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) acudirá, o mércores 11 de
marzo, cunha unidade móbil ata as instalacións de CIE Galfor,
empresa que conta cunha longa traxectoria de colaboración e
compromiso coas iniciativas destinadas a promover o solidario xesto
da doazón de sangue. O horario de atención da unidade móbil, estacionada dentro do recinto da empresa, será
das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 18:00 horas.
CIE
Galfor ten recibido as visitas das unidades móbiles da ADOS en 51
ocasións, obtendo un total de 1.727 doazóns de sangue.
Desde
a Axencia, amosar o noso recoñecemento á dirección de CIE Galfor
pola súa colaboración, agradecemento que quere facer extensivo a
todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.