KONECTA FOUNDATION SÚMASE ÁS CAMPAÑAS DE DOAZÓN DE SANGUE DESENVOLVIDAS POLA ADOS

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá, xoves 5 de marzo, nas inmediacións da empresa Konecta Foundation. Esta é a primeira visita que recibe esta empresa coruñesa, polo que a ADOS quere amosar o seu agradecemento á dirección de Konecta Foundation e convidar a todos os seus traballadores e traballadoras a doar sangue.

Unha unidade móbl da ADOS estará estacionada dentro do aparcamento da empresa das 09:30 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas para facilitar a participación de todas as persoas que desenxen doar sangue.


Comparte vida, únete a nós.