A FACULTADE DE ENFERMARÍA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLE HOXE UNHA MESA INFORMATIVA SOBRE DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA

Profesionais da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estarán hoxe, martes 3 de marzo, na Facultade de Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela atendendo unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea. Estudantes e docentes podrán achegarse para coñecer e resolver dúbidas sobre a doazón de medula ósea, para a que a Axencia é centro de referencia para a tipaxe destes doantes.

Esta iniciativa forma parte dun amplo programa informativo que a ADOS desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros educativos de toda Galicia.

Así mesmo, unha unidade móbil da Axencia estará estacionada diante da entrada principal da Facultade das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas para recoller a solidariedade de todos os estudantes que desexen doar sangue. 


Comparte vida, únete a nós.