FRINSA DEL NOROESTE S.A. RECIBE UNHA NOVA VISITA DAS UNIDADES MÓBILES DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

A empresa Frinsa del Noroeste S.A. recibe unha nova visita das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). A unidade móbil estará estacionada na empresa este luns 2 de marzo, das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 18:00 horas.

A Axencia quere convidar a todos os traballadores e traballadoras de Frinsa del Noroeste S.A. para que participen nesta nova campaña de doazón de sangue. As unidades móbiles da ADOS teñen visitado as instalacións de Frinsa del Noroeste S.A. desde o ano 1993 acadaron un total de 2.803 doazóns de sangue, grazas as que, por exemplo, foi posible realizar 1.400 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a 560 enfermos oncolóxicos.

Desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, agradecemos á xerencia de Frinsa del Noroeste S.A., así como a todos os traballadores e traballadoras, a súa colaboración e compromiso co solidario xesto da doazón de sangue.


Comparte vida, únete a nós.