ÁREA CENTRAL PROMOVE A DOAZÓN NUNHA NOVA CAMPAÑA DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

O centro comercial Área Central de Santiago de Compostela acolle o 26 de febreiro unha nova campaña de doazón de sangue organizada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil da Axencia estará estacionada diante da cabina de información na escaleira de acceso a Alcampo, das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.


Área Central conta cunha longa traxectoria de colaboración que comezou no ano 1993. Desde este ano, as unidades móbiles da Axencia visitan periodicamente Área Central, acadando, no transcurso destas visitas desenvolvidas nas tres últimas décadas, 15.550 doazóns de sangue.


ADOS quere agradecer á xerencia do Centro Comercial Área Central as facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras e aos usuarios e usuarias que participan activamente doando sangue.




Comparte vida, únete a nós.