O IES LAMAS DE ABADE ACOLLERÁ O LUNS UNHA MESA INFORMATIVA SOBRE DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Profesionais da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estarán o luns 23 de febreiro no IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela atendendo unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea. Estudantes e docentes poderán achegarse para coñecer e resolver dúbidas sobre a doazón de medula ósea para o que a Axencia é centro de referencia para a tipaxe destes doantes.

Esta iniciativa forma parte dun amplo programa informativo que a ADOS desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros educativos de toda Galicia.


Comparte vida, únete a nós.