OS ESTUDANTES DO GRADO DE BIOTECNOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA VISITAN AS INSTALACIÓNS DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Un grupo de estudantes do grado de Biotecnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acudiron hoxe a visitar as instalacións da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en Santiago de Compostela.


Os estudantes puideron coñecer de primeira man a actividade diaria que se desenvolve na Axencia e coñecer a importancia do solidario xesto da doazón de sangue.


Comparte vida, únete a nós.