A AUTORIDAD PORTUARIA DE FERROL ACOLLE UNHA NOVA VISITA DA UNIDADE MÓBIL DA ADOS

A Autoridad Portuaria de Ferrol será obxecto, ao longo da presente xornada, dunha nova visita das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil da Axencia estará estacionada diante da Autoridad Portuaria de Ferrol das 09:30 ás 14:30 horas para atender a todas as persoas que desexen doar sangue.

As unidades móbiles de ADOS teñen visitado, desde o ano 2020, en 9 ocasións as instalacións da Autoridade Portuaria, obtendo un total de 56 doazóns de sangue.


ADOS quere mostrar o seu recoñecemento á Autoridade Portuaria de Ferrol pola súa colaboración e apoio no labor de recollida de doazóns de sangue, agradecemento que fai extensivo a todos os traballadoras e traballadoras que participan nesta iniciativa solidaria.


Comparte vida, únete a nós.