A ADOS INSTALA UNHA MESA INFORMATIVA SOBRE DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA NO CIFP POLITÉCNICO DE LUGO

Profesionais da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estiveron onte, mércores 4 de febreiro, no CIFP Politécnico de Lugo atendendo unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea. Estudantes e docentes puideron achegarse para coñecer e resolver dúbidas sobre a doazón de medula ósea para o que a Axencia é centro de referencia para a tipaxe destes doantes.

Esta iniciativa forma parte dun amplo programa informativo que a ADOS desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros educativos de toda Galicia.




Comparte vida, únete a nós.