A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) puxo en marcha unha
nova campaña de doazón en colaboración coa Xunta de Galicia.
A
iniciativa desenvólvese en Santiago de Compostela durante
4 días, desde o luns 2 ata o vindeiro xoves 5 de
febreiro. Ao longo destas xornadas, unha unidade móbil da
Axencia está estacionada diante da cafetería dos edificios
administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano, e
atenderá aos doantes de 09:30 a 14:30 horas.
ADOS
leva visitando as instalacións da Xunta de Galicia en
Santiago de Compostela desde o ano 1994, o que permitiu
conseguir máis de 8.900 doazóns nas campañas
realizadas nas instalacións administrativas que o executivo
galego posúe en San Caetano.
Desde
a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, agradecemos a todos
os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia a
súa colaboración e compromiso neste tipo de iniciativas, e
anima a todos eles a doar sangue durante os próximos días
dentro da presente campaña.