As
instalacións de Alcampo Coia (Vigo) acollen este luns 26 de xaneiro
unha nova campaña de doazón promovida pola Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue (ADOS). Ao longo da xornada poderán acudir a doar traballadores, traballadoras, usuarios e usuarias ata a unidade móbil
de ADOS que estará estacionada na Avenida Castelao fronte Alcampo
Coia. O horario de atención aos doantes será das 09:30 ás 14:30
horas e das 15:30 ás 21:00 horas.
Desde
o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles
nesta empresa, as
unidades móbiles da Axencia teñen
visitado Alcampo
Coia desde o ano 1995,
o que pon de manifesto a dilatada traxectoria de colaboración e
compromiso que ten a empresa coas iniciativas encamiñadas a promover
o solidario xesto da doazón de sangue. No
transcurso destas tres décadas, téñense recollido nas campañas
desenvolvidas en Alcampo Coia un total de 2.729 doazóns de sangue.
ADOS
quere mostrar o seu recoñecemento á xerencia
de Alcampo Coia
pola súa colaboración e apoio na labor de recollida de doazóns de
sangue, agradecemento que fai extensivo a todos os profesionais desta
empresa que participan nesta iniciativa solidaria.