A EMPRESA MARTÍNEZ OTERO CONTRACT RECIBE MAÑÁ A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DE ADOS


A empresa Martínez Ótero Contract acolle mañá, xoves 22 de xaneiro, unha nova campaña de doazón de sangue promovida por ADOS. Co obxectivo de facilitar a participación dos seus traballadores e traballadoras, unha unidade móbil da Axencia está estacionada dentro do recinto da empresa en horario de 10:00 a 14:00 horas.


Desde o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles nesta empresa, ADOS ten visitado as instalacións de Martínez Otero Contract en A Estrada dende o ano 2012, o que pon de manifesto a dilatada traxectoria de colaboración e compromiso que ten a empresa coas iniciativas encamiñadas a promover o solidario xesto da doazón de sangue.


ADOS quere mostrar o seu recoñecemento á Dirección de Martínez Otero Contract pola súa colaboración e apoio na labor de recollida de doazóns de sangue, agradecemento que fai extensivo a todos os profesionais desta empresa que participan nesta iniciativa solidaria.


Comparte vida, únete a nós.