A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) levará a cabo o xoves
22 de xaneiro, unha nova campaña de doazón de sangue no Polígono
de Piadela en Betanzos, desprazando unha unidade móbil que
permanecerá estacionada fronte ás instalacións de GADISA en
horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
A
iniciativa busca promover o solidario xesto da doazón e facilitar a
participación dos traballadores e traballadoras de GADISA e do resto
do persoal das empresas situadas na zona.
Desde
que comezaron estas campañas no ano 1997, a unidade móbil de ADOS
visitou o Polígono de Piadela preto de 60 ocasións, logrando
un total de 1.900 doazóns. Estes datos consolidan este emprazamento
como un punto clave dentro da rede de recollida de sangue
desenvolvida por ADOS en Galicia.
A
organización de campañas deste tipo, coa colaboración de entidades
como GADISA, supoñen un significativo impulso ás doazóns porque
axudan a sensibilizar e concienciar, non só á poboación en xeral,
senón a sectores importantes do tecido empresarial galego.
ADOS
quere trasladar o seu agradecemento á xerencia de GADISA e ao
polígono industrial de A Piadela pola súa contribución xenerosa,
nun acto solidario e altruísta como é doar sangue. Agradecemento
que fan tamén extensible a todos os profesionais que participan en
cada campaña de doazón.