A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará este
mércores 31 de decembro unha unidade móbil ata as inmediacións do
Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela, dentro da
campaña de recollida de doazóns de sangue que ADOS desenvolve este
Nadal baixo o lema “Doa Sangue. O mellor agasallo”.
A
ADOS quere convidar a todos os traballadores e traballadoras e aos
usuarios e usuarias desta superficie comercial a participar nesta
campaña de doazón e, para iso, desprazará unha unidade móbil que
estará estacionada fronte á cabina de información das 09:30 ás
14:30 e das 15:30 ás 20:00 horas. Así mesmo, o vindeiro luns 5 de
xaneiro, Área Central volverá a acoller unha nova campaña de
doazón de sangue coa visita dunha unidade móbil de ADOS que estará
estacionada na mesma localización en horario das 15:30 ás 21:00
horas.
Área
Central conta cunha longa traxectoria de colaboración que comezou no
ano 1993. Desde este ano, as unidades móbiles da Axencia visitan
periodicamente Área Central, acadando, no transcurso destas visitas
desenvolvidas nas tres últimas décadas,
15.417
doazóns de
sangue.
ADOS
quere agradecer á xerencia do Centro Comercial Área Central as
facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón
de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus
traballadores e traballadoras e aos usuarios e usuarias que
participan activamente doando sangue.