ADOS PARTICIPA NAS XIV XORNADAS CORUÑA SOLIDARIA MEMORIAL FANI MARTÍNEZ

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) colabora co 5 Coruña Fútbol Sala nas XIV Xornadas Coruña Solidaria Memorial Fani Martinez que apoia distintas causas altruístas, entre elas, a doazón de sangue. Dentro desta edición, que rende homenaxe á que fora adestradora do club coruñés, unha unidade móbil da ADOS visitará esta tarde o Barrio das Flores e estará estacionada diante do pavillón no que ten lugar a competición deportiva que promove 5 Coruña Fútbol Sala. O horario de atención a todas as persoas que desexen doar é das 15:30 ás 21:00 horas.

ADOS quere agradecer a 5 Coruña Fútbol Sala o desenvolvemento desta iniciativa que contribúe a crear unha conciencia social favorable ao solidario xesto da doazón de sangue. 


Comparte vida, únete a nós.