A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere salientar o
excelente resultado de participación na campaña de doazón de
sangue que o martes 16 de decembro tivo lugar nas inmediacións da
Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela. Ao longo
da xornada, acadáronse 20 doazóns, oito das cales correspóndense
con persoas que doaban por vez primeira.
A
ADOS quere salientar o seu recoñecemento á comisaria xefe da
Policía Nacional, Nuria Palacios Ibán, en Santiago polas
facilidades amosadas para o desenvolvemento desta campaña,
agradecemento que fai extensivo a todas as persoas que onte adicaron
15 minutos do seu tempo para doar sangue e, deste xeito, contribuír
a salvar vidas.