A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe,
xoves 18 de decembro, unha campaña de doazón para facilitar a
participación dos traballadores e traballadoras da Deputación,
Correos e Porto da Coruña. Co obxectivo de posibilitar a doazón dos
traballadores e traballadoras destes organismos, unha unidade móbil
da ADOS estará estacionada na explanada de Palexco das 09:30 ás
14:30 horas.
A
ADOS ten organizado campañas de doazón de sangue para posibilitar a
participación dos traballadores e traballadoras da Deputación,
Correos e Porto da Coruña desde o ano 1994, realizando 20 visitas e
obtendo, no transcurso das mesmas, un total de 305 doazóns de
sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer aos traballadores e
traballadoras da Deputación, Correos e Porto da Coruña a súa
inestimable colaboración e participación nas campañas de doazón
de sangue desenvolvidas pola ADOS.