REPSOL CORUÑA PROMOVE A DOAZÓN DE SANGUE ENTRE OS SEUS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitará hoxe, mércores 10 de decembro, as instalacións da empresa Repsol Coruña, dentro da campaña de recollida de doazóns de sangue que a ADOS desenvolve en empresas e organismos públicos.


A ADOS quere convidar a todos os traballadores e traballadoras a participar nesta campaña de doazón e, para iso, despraza hoxe unha unidade móbil que estará estacionada dentro do recinto na explanada do almacén das 09:30 ás 14:30 horas.


Repsol Coruña conta cunha longa traxectoria de colaboración que comezou no ano 1994. Desde este ano, as unidades móbiles da Axencia visitaron as instalacións da empresa en 24 ocasións, acadando, no transcurso destas visitas, 835 doazóns de sangue.


ADOS quere agradecer á dirección de Repsol Coruña as facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras que participan activamente doando sangue.


Comparte vida, únete a nós.