LA EMPRESA VIGUESA AKWEL ACOGE UNA NUEVA CAMPAÑA DE LA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitará hoxe, martes 25 de novembro, as instalacións da empresa viguesa Akwel, dentro da campaña de recollida de doazóns de sangue que a ADOS desenvolve en empresas e organismos públicos.


A ADOS quere convidar a todos os traballadores e traballadoras a participar nesta campaña de doazón e, para iso, despraza hoxe unha unidade móbil que estará estacionada dentro do recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 e das 16:00 ás 21:00 horas.


Akwel conta cunha longa traxectoria de colaboración que comezou no ano 2004. Desde este ano, as unidades móbiles da Axencia visitaron as instalacións da empresa en máis de 20 ocasións, acadando, no transcurso destas visitas, 859 doazóns de sangue.


ADOS quere agradecer á dirección de Akwel as facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras que participan activamente doando sangue.​


Comparte vida, únete a nosotros.