EL IES FREI MARTÍN SARMIENTO ACOGE HOY LUNES UNA MESA INFORMATIVA DE ADOS SOBRE DONACIÓN DE SANGRE Y MÉDULA ÓSEA

O IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra acolle hoxe, luns 24 de novembro, unha mesa informativa sobre doazón de sangue e medula ósea, promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).


Ao longo de toda a mañá, os estudantes recibirán información sobre a doazón e poderán resolver as súas dúbidas coas profesionais da Axencia que atenden esta mesa.


Esta iniciativa forma parte da campaña de información, sensibilización e captación de doantes de sangue e medula ósea que está a desenvolver a Axencia ao longo da primeira fase da campaña de doazón en centros docentes universitarios e non universitarios, correspondente ao curso académico 2025-2026.


Mañá, martes 25 de novembro, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada no aparcadoiro do instituto das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas para atender a todos aqueles estudantes e membros da comunidade educativa que desexen compartir o seu tempo doando sangue.



Comparte vida, únete a nosotros.