A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da
xornada do xoves 20 de novembro nos establecementos de El Corte
Inglés nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, nunha
nova iniciativa desta empresa que ven amosando o seu compromiso co
solidario xesto da doazón de sangue en Galicia.
El
Corte Inglés conta cunha longa traxectoria de colaboración coa
Axencia xa que, desde o ano 1994, ven desenvolvendo diferentes
iniciativas destinadas a promover a doazón de sangue, convidando aos
seus traballadores e traballadoras e á cidadanía a participar
activamente nas campañas de doazón. Deste xeito, ao longo destas
tres décadas, a colaboración entre os establecementos de El Corte
Inglés en Galicia e a ADOS, supuxo a obtención de 7.700 doazóns de
sangue, converténdose nun centro de referencia no que se refire a
este xesto solidario.
Ao
longo da presente xornada será posible doar sangue nas unidades
móbiles da ADOS que están estacionadas nos seguintes puntos:
-
El Corte Inglés-A Coruña: na parada de taxis da Rúa Ramón y Cajal
das 09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás 21:00 horas.
-
El Corte Inglés-Santiago de Compostela: na entrada principal das
09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás 21:00 horas.
-
El Corte Inglés-Vigo: na rúa Ecuador, fronte á porta do persoal,
das 09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás 21:00 horas.
ADOS
quere agradecer á dirección de El Corte Inglés as facilidades
amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue,
así como a súa especial sensibilidade a prol da doazón de sangue.
Así mesmo, a Axencia quere facer extensivo este recoñecemento a
todos os seus traballadores e traballadoras que participan
activamente doando sangue.