A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da
presente xornada, martes 18 de novembro, na empresa Borgwarner
Emissions Systems de Vigo. Os profesionais que desexen doar sangue
poderán facelo na unidade móbil da ADOS que estará estacionada
dentro do recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás
21:00 horas.
Borgwarner
Emissions Systems conta cunha longa traxectoria de colaboración que
comezou no ano 2015. Desde este ano, as unidades móbiles da Axencia
visitaron as instalacións da empresa en 11 ocasións, acadando, no
transcurso destas visitas, 531 doazóns de sangue.
ADOS
quere agradecer á dirección de Borgwarner Emissions Systems as
facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón
de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus
traballadores e traballadoras que participan activamente doando
sangue.