LA EMPRESA CITIC-CENSA S.A.U. ACOGE ESTA SEMANA UNA NUEVA CAMPAÑA DE DONACIÓN DE SANGRE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da xornada do mércores 5 de novembro na empresa viguesa Citic-Censa S.A.U. Os profesionais que desexen doar sangue poderán facelo na unidade móbil da ADOS que estará estacionada diante das instalacións da empresa en horario das 10:00 ás 14:30 horas.


Citic-Censa S.A.U. conta cunha longa traxectoria de colaboración que comezou no ano 1998. Desde este ano, as unidades móbiles da Axencia visitaron as instalacións da empresa nun total de 28 ocasións, acadando, no transcurso destas visitas, 808 doazóns de sangue.


ADOS quere agradecer á dirección de Citic-Censa S.A.U. as facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras que participan activamente doando sangue.



Comparte vida, únete a nosotros.