A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da
presente xornada cunha mesa informativa sobre doazón de sangue e
medula ósea no Edificio Facultades do Campus de Ourense.
Ao
longo da mañá, todos os estudantes que se acheguen poderán
informarse sobre distintos xeitos de doazón como sangue ou medula
ósea. Esta iniciativa forma parte da campaña de información,
sensibilización e captación de doazóns que a ADOS está a
desenvolver nos sete campus das tres universidades galegas no curso
académico 2025-2026.
Deste
xeito, os estudantes poderán doar sangue na unidade móbil que
estará tanto hoxe como mañá, xoves 30 de outubro, diante do
Edificio de Facultades de Ourense das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás
21:00 horas.