ADOS VISITA O I.E.S LAMAS DE ABADE CON CHARLAS SOBRE A DOAZÓN DE SANGUE E MEDULA ÓSEA

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2025.- Hoxe unha unidade móbil de ADOS estará diante do I.E.S. Lamas de Abade de Santiago, de 9:30 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e sangue ten visitado este instituto desde 1994 acadando 3.097 doazóns de sangue ao longo destes anos.
 
A ADOS lembra a importancia que ten o desenvolvemento das campañas de doazón no eido da educación e reitera o seu agradecemento a todos os membros da comunidade pola súa colaboración e  compromiso co labor educativo de sensibilización que se leva a cabo  nestes centros.

Comparte vida, únete a nós.