ADOS COLABORA NA SEMANA DA SAÚDE ORGANIZADA POLO C.I.F.P. POLITÉCNICO DE LUGO CON CHARLAS SOBRE A DOAZÓN DE SANGUE, ÓRGANOS E MEDULA ÓSEA

​​Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2025.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá ao longo da presente xornada, unha nova campaña de doazón no CIFP Politécnico de Lugo. Unha unidade móbil da ADOS estará estacionada  diante do recinto das 9:30 a 14:30 e 15:30 a 21:00 horas.
 
A ADOS visita o CIFP Politécnico de Lugo dende 1994, acadando un total de 2.026 doazóns ao longo destes anos. A Axencia lembra a importancia que ten o desenvolvemento das campañas de doazón no eido da educación, e agradece a constante colaboración, xa que para moitos rapaces e rapazas, é o primeiro contacto que teñen co solidario xesto da doazón de sangue.

Comparte vida, únete a nós.