A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe, mércores 5 de febreiro, unha campaña de doazón nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada. Co obxectivo de facilitar a participación dos traballadores e traballadoras e dos estudantes, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante do edificio principal das 10:00 ás 14:00 horas.
A ADOS ten visitado as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública nun total de 13 ocasións desde o ano 2002, acadando, no transcurso destas campañas, un total de 327 doazóns de sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer á dirección da AGASP a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todas as persoas que doan sangue.